23 dic 2011
22 dic 2011
ALIMENTACIÓN INFANTIL: COMO AXUDAR A AUMENTAR AS DEFENSAS
Agora que empeza o frío é necesario incluír na dieta dos nenos e nenas alimentos que axuden ao aumento das súas defensas, e que lles axuden a estar máis sans fronte aos rigores do inverno.
A continuación veremos que alimentos son máis beneficiosos para aumentar as defensas dos nenos e como incorporalos á dieta.
Os alimentos de cores intensas como o vermello, o morado ou o laranxa teñen propiedades moi beneficiosas para os organismos, xa que axudan á función de defensa e protección fronte ás agresións externas. Incluír nas comidas froitas e verduras destas cores axudará a aumentar as defensas de toda a familia.
Un zume de laranxa para empezar o día. A vitamina C exerce unha función protectora das mucosas.
Unha sopita calentita é o mellor reconstituinte. Axuda a aumentar os líquidos no organismo. Debemos incluír na súa preparación allo, cebola e allo porro, que son antibióticos naturais e favorecen a expulsión das mucosidades e axudan a acougar a tose.
Froita e iogur para merendar. Isto axudará a manter unha flora intestinal sa para reaccionar fronte aos ataques de virus e bacterias.
Legumes dúas veces á semana. Son imprescindibles para a saúde do sistema inmunitario.
Alimentos ricos en ferro. O ferro non estimula as defensas, pero a súa carencia fai que o organismo sexa máis susceptible de atacar. Atópase en carnes, peixes, ovos e legumes. A vitamina C axuda á súa absorción. Para iso acompaña as comidas con ensaladas ou froita fresca de sobremesa.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)