5 nov 2012

TARTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE



Os ingredientes
600 gramos de castañas crúas peladas, 150 gramos de azucre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 vasiño de ron, 1 cucharadita de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cucharada de azucre glass.

A preparación
Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escúrrelas e pásaas polo pasapurés cando aínda estean quentes.
Separa as xemas das claras e trabállaas co azucre e a manteiga reblandecida até obter unha crema fina. Engade o ron, o puré de castañas, o cacao e a pel rallada do limón.
Monta as claras a piques de neve cun chisco de sal, e agrégaas amodo á mestura anterior, batendo coas varillas de abaixo a arriba.
Pon o forno a quentar a 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Feixe a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmóldalo e adórnao con azucre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

A CASTAÑA


A castaña ("Castanea Sativa") é un alimento típico dos meses de outono e inverno, como a gran maioría dos froitos secos. Pero a diferenza destes, a súa achega enerxético é inferior. Ten menos graxa, un alto contido en auga e nutrientes reguladores, como o potasio e os folatos. Pola contra, a cantidade de hidratos de carbono é maior que no resto de froitos, polo que convén moderar o seu consumo en caso de diabetes.

A súa cantidade de graxa é bastante similar á dos cereais (ao redor do 3%) e, por tanto, moi inferior á do resto de froitos secos (50%). Entre os nutrientes reguladores que contén, destacan o potasio (500 mg/100 g) e os folatos. Estas propiedades, xunto cun contido en auga que supón case a metade do seu peso, converten á castaña nun dos froitos secos de menor contido calórico. Polo seu moderado achegue enerxético, pódese consumir de maneira controlada en caso de sobrepeso e obesidade.

MENÚ NOVEMBRO

novembro 2012




















Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres




05
Xudías con xamón.

Peituga de pavo.
Pataca fritida.

Iogur.
06
Pizza.

Salmón.
Ensalada.

Froita.
07
Crema de verduras.

Tenreira asada.
Goarnición.

Postre lácteo.
08
Sopa.

Calamares guisados.


Iogur.
09
Ensalada mixta.

Albóndegas.
Arroz.

Froita.




12
Crema de champiñóns.

Chuleta.
Pataca cocida.

Iogur.
13
Sopa.

Pescada á romana.
Ensalada.

Macedonia.
14
Empanada.

Arroz con polo.


Postre lácteo.
15
Potaxe de garabanzos.

Tortilla francesa.
Tomate.

Macedonia.
16
Caldo galego.

Hamburguesa.
Pataca fritida.

Froita.




19
Macarróns carbonara

Peituga de polo.
Tomate.

Froita
20
Pizza

Peixe espada
Ensalada

Iogur
21
Sopa

Estofado de tenreira.


Postre lácteo
22
Lentellas

Tortilla española
Tomate

Macedonia
23
Crema de cenoria.

Lombo asado.
Goarnición

Queixo con marmelo





26
Menestra de verduras.

Milanesa de tenreira.
Pataca cocida.

Iogur.
27
Ensalada mixta.

Churrasco.
Pataca fritida.

Froita.
28
Fabada.

Pescada á romana.
Ensalada.

Postre lácteo.
29
Crema de cabaciña.

Polo asado.
Arroz.

Froita.
30
Empanada xamón e queixo.

Salmón.
Ensalada.

Macedonia.