5 nov 2012

TARTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE



Os ingredientes
600 gramos de castañas crúas peladas, 150 gramos de azucre, 50 gramos de manteiga, 4 ovos, 1 vasiño de ron, 1 cucharadita de cacao en po, un chisco de sal, 1 limón e 1 cucharada de azucre glass.

A preparación
Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escúrrelas e pásaas polo pasapurés cando aínda estean quentes.
Separa as xemas das claras e trabállaas co azucre e a manteiga reblandecida até obter unha crema fina. Engade o ron, o puré de castañas, o cacao e a pel rallada do limón.
Monta as claras a piques de neve cun chisco de sal, e agrégaas amodo á mestura anterior, batendo coas varillas de abaixo a arriba.
Pon o forno a quentar a 190ºC e unta con manteiga o molde da torta. Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante 1 hora. Feixe a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito. Déixao arrefriar, desmóldalo e adórnao con azucre glass, tamén se queres, pódelo acompañar de nata ou chocolate quente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario