22 dic 2011

ALIMENTACIÓN INFANTIL: COMO AXUDAR A AUMENTAR AS DEFENSAS

Agora que empeza o frío é necesario incluír na dieta dos nenos e nenas alimentos que axuden ao aumento das súas defensas, e que lles axuden a estar máis sans fronte aos rigores do inverno.

A continuación veremos que alimentos son máis beneficiosos para aumentar as defensas dos nenos e como incorporalos á dieta.

Os alimentos de cores intensas como o vermello, o morado ou o laranxa teñen propiedades moi beneficiosas para os organismos, xa que axudan á función de defensa e protección fronte ás agresións externas.  Incluír nas comidas froitas e verduras destas cores axudará a aumentar as defensas de toda a familia.

Un zume de laranxa para empezar o día. A vitamina C exerce unha función protectora das mucosas.

Unha sopita calentita é o mellor reconstituinte. Axuda a aumentar os líquidos no organismo. Debemos incluír na súa preparación allo, cebola e allo porro, que son antibióticos naturais e favorecen a expulsión das mucosidades e axudan a acougar a tose.

Froita e iogur para merendar. Isto axudará a manter unha flora intestinal sa para reaccionar fronte aos ataques de virus e bacterias.

Legumes dúas veces á semana. Son imprescindibles para a saúde do sistema inmunitario.

Alimentos ricos en ferro. O ferro non estimula as defensas, pero a súa carencia fai que o organismo sexa máis susceptible de atacar. Atópase en carnes, peixes, ovos e legumes. A vitamina C axuda á súa absorción. Para iso acompaña as comidas con ensaladas ou froita fresca de sobremesa.