3 mar 2013

LAMBETADAS CASEIRAS DE FRAMBUESA

Ingredientes
  • 200 ml de auga, 
  • 1 sobre de xelatina de frambuesa
  • 300 gr de azucre
  • 2 sobres de gelatina neutra
  • Aceite de xirasol para untar o molde.

Elaboración:

  1. Nun cazo botamos todos o ingredientes e pómolo a lume suave. Irá espesando e imos removendo cun batidor para que non se fagan grumos.
  2. Despois do primeiro hervor e cando  xa haxa espesado podémolo retirar do lume.
  3. Untamos unha bandexa con aceite de xirasol e botamos a preparación. Deixamos que se enfrie e metémola na neveira até o día seguinte ou pasadas 8 horas. 
  4. Collemos uns molde de pastas e imos recortando as figuras.
  5. Por último, pasámolas por azucre.

AS LAMBETADAS

As lambetadas son un conxunto de produtos doces, de formas e sabores diferentes, de escaso ou nulo valor nutricional (calorías baleiras), que tenden a preferir os nenos en calquera momento do día.

O abuso destes produtos pode ter consecuencias desfavorables como:

Carie: conteñen na súa maioría azucres refinados que favorecen o desenvolvemento dos microorganismos que atacan a placa dentaria.

Inapetencia: consumir lambetadas a vontade, sen control dun adulto, pode provocar falta de apetito cando chega o momento real da comida.

Alerxia: conteñen aditivos que dan cor, sabor e aroma. Algúns poden favorecer reaccións alérxicas e/ou erupciones na pel en nenos pequenos ou máis susceptibles.

Sobrepeso: son en xeral produtos hipercalóricos e ademais se se consomen sobre unha cantidade de calorías diarias suficientes, poden producir aumento excesivo de peso. O consumo destes produtos sumado á falta de exercicio físico, pode ser peor aínda. Debe evitarse o hábito de ver a tele comendo simultaneamente algún tipo de lambetada ou snack.

Atragantamientos: os caramelos duros e de superficie esvaradía son riesgosos porque poden aloxarse na gorxa e producir un atragantamiento.

Pódese pactar un número de lambetadas máximo á semana e tratar de que o neno comprenda que son para momentos xustificados (aniversarios, festas, fins de semana, etc). Cando os consuman, debemos evitar o "picoteo continuo", é mellor agrupalas e permitilas como sobremesa dunha das comidas principais. E nunca esquecer un bo cepillado de dentes.


FONTE: http://www.alimenta.com.uy/los-ninos-y-las-golosinas/contenido/197/

MENÚ MARZO

 
















Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
04
Crema de verduras.

Peituga de pavo.
Patacas fritidas.

Iogur.
05
Ensalada mixta.

Lasaña.


Froita.
06
Xudías.

Lombo á plancha.
Patacas cocidas.

Postre lácteo.
07
Fabada.

Albóndegas con arroz.


Iogur.
08
Macarróns con atún.

Pescada á galega.


Macedonia.
11
Sopa.

Milanesa de tenreira.
Pataca cocida.

Iogur.
12
Ensalada de pasta.

Salmón..
Ensalada.

Froita.

13
Empanada.

Pavo estofado.


Postre lácteo.
14
Guisantes con xamón.

Xamón asado.
Arroz.

Iogur.
15
Crema de cenoria.

Hamburguesa.
Pataca fritida.

Macedonia.
18
Sopa.

Filete de tenreira.
Pataca cocida.

Iogur.
19
Empanada de iork e queixo.

Pescada á romana.
Ensalada.

Froita.
20
Potaxe de garabanzos.

Tortilla española.
Tomate.

Postre lácteo.
21
Crema de cabaciña.

Polo asado.
Arroz.

Queixo e marmelo.
22
Ensalada mixta.

Churrasco.
Pataca fritida.

Xeado.