3 mar 2013

AS LAMBETADAS

As lambetadas son un conxunto de produtos doces, de formas e sabores diferentes, de escaso ou nulo valor nutricional (calorías baleiras), que tenden a preferir os nenos en calquera momento do día.

O abuso destes produtos pode ter consecuencias desfavorables como:

Carie: conteñen na súa maioría azucres refinados que favorecen o desenvolvemento dos microorganismos que atacan a placa dentaria.

Inapetencia: consumir lambetadas a vontade, sen control dun adulto, pode provocar falta de apetito cando chega o momento real da comida.

Alerxia: conteñen aditivos que dan cor, sabor e aroma. Algúns poden favorecer reaccións alérxicas e/ou erupciones na pel en nenos pequenos ou máis susceptibles.

Sobrepeso: son en xeral produtos hipercalóricos e ademais se se consomen sobre unha cantidade de calorías diarias suficientes, poden producir aumento excesivo de peso. O consumo destes produtos sumado á falta de exercicio físico, pode ser peor aínda. Debe evitarse o hábito de ver a tele comendo simultaneamente algún tipo de lambetada ou snack.

Atragantamientos: os caramelos duros e de superficie esvaradía son riesgosos porque poden aloxarse na gorxa e producir un atragantamiento.

Pódese pactar un número de lambetadas máximo á semana e tratar de que o neno comprenda que son para momentos xustificados (aniversarios, festas, fins de semana, etc). Cando os consuman, debemos evitar o "picoteo continuo", é mellor agrupalas e permitilas como sobremesa dunha das comidas principais. E nunca esquecer un bo cepillado de dentes.


FONTE: http://www.alimenta.com.uy/los-ninos-y-las-golosinas/contenido/197/

No hay comentarios:

Publicar un comentario