29 feb 2012

8 CONSELLOS PARA COMIDAS FAMILIARES SINXELAS E DIVERTIDAS


Lembre sempre que comer en familia é máis que só unha comida; a meta é traer a todos á mesa para pasar tempo adicado á familia. Aquí ofrecémoslles algunhas estratexias para axudarlles a empezar a comer xuntos en familia.

1.-Trate de manter as ceas en familia divertidas. Inclúa aos nenos na preparación das comidas e na decisión dos alimentos que se usarán para as comidas. Os nenos séntense importantes cando contribúen ás comidas familiares.
2.-Para protexer a rutina das ceas para a maior parte da semana tense que escoller coidadosamente as actividades despois das clases. Faga unha prioridade das comidas en familia.
3.-Fixe horas para comer específicas e escríbaas no calendario e déixelles saber a todos na familia a hora na  que se serve a comida.
4.-Manteña alimentos nutritivos e sans na casa.Limite a dispoñibilidade de alimentos altos en calorías, azucre, e graxa que conteñen poucos outros nutrientes.
5.-Lembre que nunca é tarde para comezar unha cea en familia de rutina. Simplemente busque a hora que será máis apropiada para a súa familia.
6.-Coman xuntos como familia polo menos unha comida ao día.
7.-Coman á mesa xa que é máis fácil falar, no canto de en fronte da televisión.
De feito, debe apagar o televisor durante a hora para comer para que así poidan falar e compartir os eventos do día.
8.-Introduza novas comidas, vexetais e froitas durante as comidas. Sexa bo modelo na mesa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario