10 abr 2012
OS CONSELLOS DE NUTRINANNY
Temos o país coa dieta máis saudable, a produción de froitas e verduras da que se fornece media Europa, somos os segundos consumidores de peixe a nivel mundial, temos o mellor aceite de oliva... Entón, por que os nosos fillos son os terceiros con maior taxa de obesidade de Europa e cos índices de colesterol ou diabetes disparados?
Este libro pretende ser unha ferramenta útil e sinxela para todos aqueles pais que teñan inquietudes e dúbidas respecto da alimentación dos seus fillos. Somos o que comemos e seremos o que comésemos.
Aquí, o lector interesado vai atopar solucións sinxelas e prácticas ás súas preguntas baseadas en estudos e evidencias científicas que foxen do sensacionalismo e de modas de dubidosa efectividade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario