Unha alerxia alimentaria é unha reacción anómala, chamada de hipersensibilidad, que se produce tras tomar unha cantidade normal dun alimento determinado. A reacción repítese cada vez que se toma o alimento en cuestión.
Aínda que as alerxias alimentarias son pouco frecuentes, adoitan producirse en nenos menores de catro anos.
As alerxias alimentarias máis frecuentes son ao leite, os ovos, o peixe, os froitos secos, os cítricos e os tomates.
Os nenos con alerxias alimentarias adoitan presentar distintos síntomas en episodios recorrentes, que inclúen:
Eczema infantil grave (ou erupción cutánea)
Vómitos
Diarrea (sen razón aparente)
Bronquite asmática ou asma
Rinitis alérxica.
No comedor escolar hai menus adaptados aos nenos e nenas que sofren alerxias alimnetarias. É necesario que a familia aporte un informe médico que especifique o tipo de alimentos que non debe incluir a dieta do seu fillo ou filla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario