Busca unhas culleres de plástico de cores que teñan un bo tamaño. Apoia os mangos no bordo dun prato para que non se che derrame o chocolate fundido ao enchelas.
A continuación, funde o chocolate no microondas ou nun cazo a lume lento cun pouquiño de auga.
Cando o teñas derretido, espera un pouco a que se arrefríe e enche a continuación as culleres e, antes de que endureza, decóraas con chucherías diferentes: anises de cores, bolitas de prata e ouro, gominolas, etc. Podes presentalas en plano nunha fonte de cartón ou ben de pé, dentro de vasos ou cubiletes de cores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario